O MIHL acolle a exposición fotográfica As persoas con discapacidade na vida cotiá

Jueves, 06 de noviembre de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

 A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada polo Presidente da Fundación Grupo Norte, Javier Ojeda Prieto, e a Presidenta de Down Lugo, María José Blanco Freire, inauguraron esta mañá a exposición “As persoas con discapacidade na vida cotiá” que se poderá ver no Museo Interactivo da Historia de Lugo ata o 30 de novembro.

A mostra, organizada pola Fundación Grupo Norte e o Instituto Universitario para a Integración na Comunidade (Inico) coa colaboración de Down e o Concello de Lugo está composta por 55 fotografías que permiten coñecer e entender a realidade das persoas con discapacidade dende a perspectiva dos sus propios protagonistas, familiares, persoal de apoio e por suposto o fotógrafo que realiza a instantánea. 
Carmen Basadre sinalou que “para nós é moi importante que este espazo cultural acolla unha exposición de este tipo que ademais de ser cultural tamén ten un carácter social” xa que “as barreiras da discapacidade non están superadas de todo pola sociedade e debemos seguir loitando para que teñan as mesmas oportunidades”.
Pola súa parte, Javier Ojeda, explicou que “somos testigos dun proceso lento pero inexorable co que se abandona o histórico modelo asistencial de atención ás mal chamadas persoas con minusvalía, onde a discapacidade era considerada unha enfermidade invalidante
A intención desta exposición é conseguir imaxes positivas que permitan a reflexión, empatía e identificación co  mundo da discapacidade e contrubuir á normalización e romper cos estereotipos que perseguen a este colectivo.
As instantáneas forman parte dunha selección específica realizada entre os mellores traballos presentados ao Concurso Internacional de Fotografía Dixital organizado pola Fundación Grupo Norte e INICO e que recibe anualmente máis de mil fotografías procedentes de todo o mundo.

Multimedia