O domingo terá lugar unha nova proba do Circuito Corre Con Nós que levará aos participantes á zona de Ombreiro

Viernes, 14 de febrero de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Este domingo 16 de febreiro terá lugar unha nova proba do Circuito Corre Con Nós que ademais estrea circuito na zona do Paseo de Ombreiro. A carreira que agarda reunir a 1.200 atletas, é a terceira proba puntuable para os adultos e a cuarta para os menores.
Esta proba, cun percorrido de 6.000 metros, é unha das máis duras do Circuito debido as súas constantes pendentes.

Dará comezo ás 12.00 horas para os máis pequenos da categoría mini sendo os diferentes horarios e distancias:
    - 12:00 catg MINI , 340 metros e 324 inscritos.
    - 12:10 catg A, 650 metros e 402 inscritos.
    - 12:20 catg B, 1.000 metros e 293 inscritos.
    - 12:30 catg C, 2.000 metros e 142 inscritos.
    - 12:45 ADULTOS, 6.000 metros e 1.934 inscritos.

Tanto a saída como a chegada será dende o aparcamento da Canteira, ao lado do estadio de fútbol Anxo Carro, punto no que se fixará a liña de meta. O aparcamento oficial para esta proba estará situado no Centro Comercial Carrefour que cedeu as súas instalacións para a ubicación dos vehículos de participantes e acompañantes.