Presentado o Plan de Tráfico e Mobilidade para as festas de San Froilán

Lunes, 01 de octubre de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde, José López Orozco presentou hoxe o Plan de mobilidade que funcionará durante as festas de San Froilán.

O operativo deseñado polo Gabinete de Tráfico da Policía Local establece catro aparcamentos disuasorios, dous na rúa Campos Novos e outros dous na rúa Madanela e no aparcamento de As Termas, que estarán conectados co centro da cidade con transporte público. Haberá dúas liñas especiais de autobuses que prestarán este servizo ata a rúa Celso Emilio Ferreiro (á altura do Gran Hotel) cada 30 minutos os días 4, 5, 6, 7, 11 e 12. Por outra parte, as liñas 3A, 3AE, 4, 4E, 5E, 6, 6E e 7A prolongarán o seu servizo ata as dúas ou tres da madrugada os 4, 5, 6, 7, 11, 12.

Tamén se vai habilitar unha zona de aparcamento na rúa Poeta Noriega Varela, co que se crea un entramado de zonas de estacionamento alternativo de fácil acceso co Recinto Feiral.

Tamén se acordou coa Asociación Profesional de Traballadores Autónomos de Auto-Taxi e Gran Turismo da provincia de Lugo que durante as festas haxa un reforzo dos taxis nas inmediacións da Estación de Autobuses e na praza de Santo Domingo. Para elo, a zona de estacionamento situada na rúa Anxo López Pérez (diante do vello cárcere) habilitarase para ampliar a parada de taxis da Estación de Autobuses dende as 22.00 ata as 07.00 horas, e na praza de Santo Domingo habilitarase para o estacionamento de taxis a zona de carga e descarga situada fronte á rúa San Marcos entre as 20.00 e as 08.00 horas.

A Sala de Control de Tráfico da Policía Local axustará os ciclos de semáforos nos cruces que o precisen para garantir a fluidez do tráfico, con especial referencia á saída dende a rúa do Teatro cara a Ronda da Muralla durante as noites.

Os residentes afectados polos cortes de tráfico, os condutores de vehículos que empregan os estacionamentos interiores dos centros escolares situados na área de influencia do Recinto Feiral e os condutores de vehículos de carga e descarga deberán dispor dunha autorización de acceso que se tramita na Oficina Integral de Atención á Cidadanía da Policía Local, en horario laboral de 8.00 a 14.30 horas.

Tamén está previsto o corte do tráfico da praza de Augas Férreas o día 13, cadrando co concerto da orquestra Panorama 
 

Multimedia