O I Torneo Cidade de Lugo de Patinaxe Artística dispútase este domingo no Pavillón do Palomar

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, informa da celebración do I Torneo Cidade de Lugo de Patinaxe Artística. 

Lunes, 29 de diciembre de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Este evento deportivo, organizado polo Club Patíns Lóstregos Lucus, terá lugar o domingo, día 28, no Pavillón Municipal do Palomar, e conta coa colaboración do Concello. O programa comezará e rematará cunha exhibición que estará a cargo de dúas patinadoras do Clube de Patinaxe “Maxia”, Aida Vieites, que foi quinta no Campionado do mundo 2014, e Manuela Vila Doldán, que se clasificou no cuarto posto no Campionado de España da Categoría Infantil.  

A competición comezará ás 16.00 horas e rematará contra as 19.00 horas. A entrega de medallas está prevista para as 18.50 horas.