O Concello desenvolverá unha campaña para potenciar a reciclaxe de vidro nos locais de hostalería durante as festas do San Froilán

Viernes, 26 de septiembre de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Esta campaña, presentada hoxe polo Alcalde e o Xerente de Ecovidro, tamén inclúe a instalación de 7 colectores rotulados con motivos alusivos ó San Froilán que están dotados cun sistema que facilita o depósito do vidro

O Alcalde, José López Orozco, xunto co Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, acompañaron ó Xerente de Ecovidro, Germán Fernández Freire, na presentación dunha campaña que se vai levar a cabo durante as festas do San Froilán para estimular a recollida selectiva de vidro.

O Concello en colaboración con Ecovidro desenvolverán esta campaña para potenciar a reciclaxe de vidro nos locais de hostalería durante as festas patronais e céntrase neste sector xa que se estima que xenera o 48% do total do vidro e ten por obxecto aumentar máis aínda as porcentaxes de recollida selectiva deste tipo de residuos na nosa cidade.

O Alcalde manifestou que “éste é un paso máis no traballo de modernización e de posta ó día dos servizos na nosa cidade” e fixo un chamamento ós hostaleiros para que se involucren máis aínda na recollida de vidro xa que, dixo, “quenes máis residuos producen teñen máis obriga de colaborar na recollida selectiva e nós, coa colaboración de Ecovidro, queremos facilitarlles a maneira de facelo”.

López Orozco considerou que “todos temos a obriga moral de reciclar”, polo que  aproveitou para pedir, unha vez máis, a todos os veciños e veciñas a súa colaboración tanto na reciclaxe de vidro como na selección doutros residuos como o papel ou a materia orgánica e inorgánica.

Durante as festas haberá unhas “ecopatrullas” para axudar ós hostaleiros a efectuar a recollida do vidro e o seu traslado ós colectores. Esa asistencia á recollida para hostaleiros actuará no Casco histórico e tamén noutras zonas como Augas Férreas, Acea de Olga e Fontiñas.

No acto, que tivo lugar na Praza Maior, tamén se presentaron sete colectores específicos para hostalería que están rotulados con motivos alusivos á festa do San Froilán, nos que ten protagonismo especial o polbo. Outra característica que os distingue é o feito de que están dotados dun sistema especial, denominado VACRI, de axuda ó volteo dos colectores de hostalería, de maneira que facilita que haxa taxas máis elevadas de reciclaxe nos hostaleiros. 

A instalación dos novos colectores comezou hoxe mesmo na zona das casetas do polbo, e tamén se colocarán noutros puntos como os lugares de celebración dos concertos, e no Casco histórico.

Actualemente a rede de colectores de vidro instalados no noso concello é de 280, dos que 50 xa teñen este sistema especial.

Multimedia