O luns 21 de outubro ponse ao cobro o Imposto sobre Actividades Económicas

Miércoles, 16 de octubre de 2013
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O vindeiro luns, día 21 de outubro, comeza o prazo para o pagamento voluntario do Imposto sobre Actividades Económicas que se prolongará ata o día 20 de decembro, segundo informa a Concellería de Economía, Emprendemento e Autónomos.

O número de recibos suxeitos a tributación é de 1.428 están que con respecto ao ano pasado, sufre unha caída do 3,45%, ao pasar de 1.479 á cifra actual. Por este motivo, o importe total dos recibos que se poñen ó cobro experimenta un descenso. Será de 1.720.024,88 euros, 58.521,02 euros menos que no pasado ano.

A Concellería de Economía lembra que as empresas asentadas no Concello de Lugo e que creen postos de traballo teñen unha bonificaicón do 25% no pago deste imposto.