A Concelleira de Benestar Social entregou os diplomas do Curso de integración dirixido a inmigrantes extracomunitarios

Martes, 08 de octubre de 2013
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, entregou hoxe os diplomas ós asistentes ó Curso de integración dirixido a persoas inmigrantes extracomunitarias.

O Concello de Lugo, dentro do programa de animación sociocultural do segundo semestre de 2013, realizou esta novidosa acción formativa consistente nun Curso de integración para persoas inmigrantes extracomunitarias que tivo como finalidade que as persoas asistentes poidan obter un informe positivo de esforzo de integración emitido pola Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Emigración). Este informe poderá ser presentado polas persoas estranxeiras non comunitarias nos supostos de renovación de autorizacións  e será utilizado como información a valorar naqueles supostos donde non se cumpran todos os requisitos esixidos para a renovación. Este tipo de acción formativa só pode ser impartida polas administracións públicas e o Concello de Lugo é o primeiro da nosa provincia que desenvolve esta acción, coa finalidade de promover a integración das persoas inmigrantes.
 
Este curso realizouse no Centro de Convivencia da Milagrosa dende o 8 de xaneiro ó 4 de xuño, os martes e xoves das 19.30 a 21.00 horas (60 horas). Asistiron un total de 7 persoas participantes.   Os contidos foron os seguintes: coñecemento e respecto dos valores constitucionais en España, valores estatutarios da comunidade autónoma de Galicia, valores da UE, dereitos humáns, as liberdades publicas, a democracia, a tolerancia, a igualdade entre mulleres e homes e coñecemento das linguas oficiais da nosa comunidade autónoma. Estes contidos veñen indicados na normativa de estranxeiría.
 
Na nova programación de animación sociocultural, tendo en conta a importancia deste tipo de accións, vaise volver realizar. Terá lugar no Centro de Convivencia da Milagrosa os martes e xoves, de 19.30 a 21.00 h, do 3 de decembro ao 20 de maio e cunha duración de 60 horas. O número de prazas é de 15.

Multimedia