Hoxe péchase o ciclo das mesas temáticas referidas ao desenvolvemento da Axenda 21

Miércoles, 06 de junio de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

No día de hoxe celebrouse a última mesa temática correspondentes á rolda de xuntanzas correspondentes ás mesas temáticas da Axenda 21 local. Nesta xuntanza abordáronse temas relativos servizos sociais e sanitarios. Os participantes abordaron temas que xa foran propostos en xuntanzas anteriores para analizar a súa evolución e os participantes plantexaron novas propostas para desenvolver dende os diferentes ámbitos de actuación do concello. A concelleira de Infraestruturas e Axenda 21 do concello de Lugo, a nacionalista Paz Abraira, sinalou que na mesa de hoxe “incidiuse naquelas prioritarias que teñen que ver cos servizos sociais e sanitarios e que farán que as políticas a aplicar neste concello sexan especialmente sensibles nestes aspectos”.

Na mesa de hoxe abordouse a necesidade de redactar un novo documento debido ao tempo transcorrido dende a elaboración do texto base existente na documentación da Axenda 21 local feito no ano 2005. Na anterior xuntanza desta mesa valorouse que o documento anterior precisaba unha adaptación ás circunstancias socio-económicas actuais. Para Paz Abraira “evidentemente nestes tempos de crise económico os aspectos relacionados cos servizos sociais deben ser un dos eixos fundamentais nas políticas das entidades locais”.

O novo documento abordará aspectos que tratan de garantir uns servizos asistenciais e sociais que acheguen unha maior calidade de vida á sociedade así como de integración social. Outra pretensión é a atención focalizada aos colectivos que no municipio presentan maiores niveis de vulnerabilidade social, que reforce a súa integración social, e a súa inclusión en estratexias de desenvolvemento e vertebración.

www.lugo.es/ws/axenda21

 

Multimedia