O IV Congreso de Xestores Deportivos vaise celebrar este fin de semana en Lugo

Jueves, 22 de marzo de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Vicepresidente da Deputación Antonio Veiga, e o Presidente da Asociación Galega de Xestores Deportivos, Eduardo Blanco, presentaron o IV Congreso Galego de Xestión Deportiva 2012 que, por primeira vez, se vai celebrar en Lugo, o venres 23 e sábado 24 de marzo.

Díaz Grandío agradeceu “a AGAXEDE a oportunidade de que Lugo sexa a cidade na que se celebre este 4º congreso” e destacou que “vai ser un foro para compartir experiencias e formas de traballar nun mundo que foi evolucionando moito”. O responsable de Deportes citou a importancia que ten o deporte neste momento de crise económica xa que “o deporte é un viveiro de creación de empregos, aínda que tamén hai moito deporte de base que vive dos voluntarios, pero non nos podemos esquecer que hai outra parte do deporte que é un xerador de postos de traballo”.

Este congreso, que terá lugar no salón de actos da Deputación de Lugo, vai dirixido ao persoal con responsabilidades de dirección deportiva, profesionais titulados e estudantes dos ensino de ciencias da actividade física e o deporte e, en xeral, a calquera persoa con interese no ámbito deportivo, sexa público ou privado.

Ademais, durante eses días, tamén se vai celebrar a Asemblea Xeral de AGAXEDE e a Xunta Directiva da Federación de Asociaciones de Gestores Deportivos de España (FAGDE) na que participan todos os presidentes das asociación de xestores deportivos de toda España.

Segundo explicou Eduardo Blanco “xa están confirmadas máis de 150 persoas que durante eses dous días falarán do deporte e ademais achéganse de todos os puntos de España”.

Para máis información está o correo electrónico de congreso@agaxede.org .

Multimedia