López Orozco destaca a profesionalidade dos bombeiros e policias locais que actuaron nos incencios

Miércoles, 04 de enero de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, incidiu esta mañá na profesionalidade e dedicación que tanto o corpo de Bombeiros como o da Policia Local desenvolveron ao longo dos dous incendios que tiveron lugar na cidade.

López Orozco destacou que “tanto a actuación da Policia Local como dos Bombeiros de Lugo na extinción dos incendios é, ao meu parecer e desposi de falar cos técnicos na materia, unha actuación exemplar” e na que os membros dos corpos de seguridade “demostraron os seus coñecementos e levaron a cabo unha excelente actuación ademais de empregar correctamente os medios técnicos”.

No mesmo sentido, López Orozco, incidiu en que “por iso debo quitarlle aos cidadáns todas as dúbidas que poidan ter sobre o traballo que levaron a cabo, a profesionalidade ou a dedicación destes homes e mulleres porque demostraron que estamos en boas mans e deso fun testigo dende os primeiros momentos.” Efectivos de ambos corpos de seguridade municipal empregaron todos os medios técnicos que estiveron ao seu alcance e destacou a coordinación entre eles obtendo como uns bos resultados no seu conxunto, segundo palabras de López Orozco.

Ademais tamén se informa que dende hoxe a Rúa Nova, a altura dos edificios 43 e 45, estará cortado ao tráfico de vehículos ata que finalicen as comprobacións pertinentes do estado do edificio número 45, polo que os transportistas que usen esa ruta deberán saír pola praza da Soidade.