O Polígono do CEAO estrea o tramo renovado da súa principal arteria

Jueves, 31 de mayo de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A concelleira de Infraestruturas e Axenda 21 Paz Abraira visitou a Rúa xunto o Presidente do empresariado do Polígono do CEAO.

A concelleira Paz Abraira visitou, xunto o Presidente da Asociación de Empresarios do CEAO Ángel Lugilde a Rúa da Industria do Polígono do CEAO. Neste importante vial do polígono acometeuse unha renovación total. A nacionalista resaltou a importancia desta obra por tratarse o CEAO dun dos principais polos económicos da nosa cidade, incidindo na importancia que os sectores produtivos teñen na economía real para a cidadanía.

Esta rúa do Ceao atopábase nun estado precario, con pavimentos moi deteriorados, servizos obsoletos e unha configuración que non se adaptaba ás necesidades actuais para o tráfico pesado que circula diariamente polo polígono industrial. A inexistencia de drenaxes nestas zonas verdes e baixo a vía supoñía a filtración e a non evacuación controlada de augas polo que se producían correntes subterráneas de auga que deterioran aínda máis os pavimentos.

O proxecto ampliou a calzada para conseguir unhas zonas laterais de aparcamento e unha zona central con aproveitamento para manobra , eliminando as zonas verdes laterais que lindan coa calzada. Tamén se eliminou a mediana central, que se pavimentou nas mesmas condicións que os carrís de circulación, de tal forma que no futuro, unha vez suprimida a vía area de media tensión, poderá aproveitarse para reordenación de carrís ou reordenación de calzadas. Ademais realizouse unha mellora dos servizos de alumeado e abastecemento e creáronse elementos de drenaxe superficial e evacuación de augas superficiais e procedentes de filtracións acordes coa nova sección.

A empresa adxudicataria foi Construcciones Ponciano Nieto, seleccionada entre 39 empresas. Finalmente adxudicouse por un montante de 237.551,77 € IVE incluído.

As obras que comezaron a finais de xaneiro cumpriron co prazo de execución programado.

Desenvolvemento das obras

A concelleira Paz Abraira explicou que nesta obra, como en todas as anteriores, a planificación que xunto o Servizo de Enxeñería fixo o Gabinete de Tráfico do Concello e a empresa adxudicataria para interferir o mínimo posible na actividade empresarial da zona, acadou o seu obxectivo, desenvolvéndose as obras sen ningunha incidencia.

As obras que acaban de rematar comezaron a finais de xaneiro cumpriron co prazo de execución programado.

Na actualidade quedaría unha última e terceira fase por realizar nesta Rúa, a que vai da intersección da rúa de Inspección ao acceso de Bagueixos.

Coñeza o estado das obras en marcha.

 

Multimedia