López Orozco recibiu a visita dunha delegación cubana que traballa con enfermos de alzheimer

Miércoles, 14 de diciembre de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, recibiron a visita dunha delegación cubana encabezada polo Director Xeral de Asuntos Humanitarios Convento de Belén, Nelson Águila Machado, que dende maio estableceron un convenio de colaboración con AFALU para a mellora dos servizos que ofrece o centro de alzheirmer no que eles traballan en Cuba.

José López Orozco explicou que “este intercambio de experiencias entre lucenses e cubanos vai propiciar un beneficio para as persoas enfermas de alzheimer tanto as de aquí como as de Cuba”

Pola súa parte, Nelson Águila, asegurou que “o convenio que se firmou en maio con AFALU e o apoio do Concello de Lugo é moi importante para o desenvolvemento do noso traballo coas persoas enfermas de alzheimer no noso centro de Cuba.”

Multimedia