Lugo acolle o domingo 11 de decembro a I Festa do Exercicio e da Saúde

Miércoles, 30 de noviembre de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Grandío, xunto co Vicepresidente Primeiro da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, e Jose Manuel Suárez, Presidente da Asociación Provincial de Ximnasios e Actividades de Lugo, presentaron a I Festa do Exercicio & Saúde, que se celebrará o domingo 11 de decembro na praza da Soidade.

Esta xornada ten como obxectivos a participación cidadá nas diferentes actividades, normalizar o exercicio físico como actividade social, poñer en valor a relación entre exercicio e saúde e incentivar o deporte entre os menores.

Díaz Grandío, incidiu que “fruto da colaboración entre institucións públicas e privadas nace esta actividade coa que pretendemos difundir os hábitos deportivos e saudables e para isto vaise facer unha exposición de actividades deportivas clásicas e modernas para que os lucenses poidan desfrutalo”.

As actividades programadas son demostracións de wú-shu, spinnig, step, batuka, judo, pilates, acondicionamento físico para maiores, danza do ventres, zumba fitness, entre outros e, ademais, poderanse probar as novas bicicletas de Freecross ou recibir masaxes de profesionais. Os interesados poderán achegarse entre as 10:30 e as 13:30 horas a probar algunha das actividades.

A través da I Festa do Exercicio & Saúde preténdese que todas aquelas persoas que participen poidan experimentar as diferentes modalidades de exercicios que se imparten nos ximnasios lucenses e ademais comprobar o seu estado físico baixo a supervisión de profesionais. Ademais haberá o sorteo dun fin de semana no hotel Oca Agua Santas & Golf Resort con todo incluído.

Multimedia