O Concello de Lugo oferta múltiples alternativas de ocio educativo e deportivo para os meses de verán

Viernes, 10 de junio de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Cursos de piragüismo, de iniciación ó tenis, cursos intensivos de natación, campus de atletismo, basket, fútbol ou hockey son algunhas das actividades deportivas propostas para os meses do verán

O Concello de Lugo, dende a Concellería de Educación e a Concellería de Deportes, oferta distintas alternativas de ocio educativo e deportivo dirixido aos máis novos, que se desenvolverán ao longo dos meses de verán.

Actividades de ocio educativo

A Concellería de Educación organiza, en colaboración con El Progreso, Confecciones Yute, Escola Luguesa de Xadrez e a Asociación Cultural Xaquedrum, unha programación de actividades de verán protagonizada polo xadrez e a lectura.

As actividades encádranse nos programas Verán Lúdico, Xadrez na rúa e Viaxe pola historia do xadrez que están orientados a ofrecer unha alternativa de ocio educativo aos nenos e maiores.

O programa de “Verán Lúdico” comezará a desenvolverse o 04 de xullo na piscina descuberta de Frigsa de luns a venres, en horario de 16.00 a 18.30 horas, ata o 31 de agosto. As actividades, que van destinadas os usuarios da piscina e son gratuítas, comprenderán unha biblioteca de verán, un punto xadrecístico e unha zona de ludoteca con diversos xogos de mesa como o parchís, o dominó ou catro en liña. Deste xeito, os bañistas poderán gozar do préstamo gratuíto de libros, da oportunidade de aprender as técnicas do xadrez baixo a supervisión de monitores especializados e de xogar partidas a xogos de mesa.

A “Viaxe pola historia do xadrez” é un programa que xa se ven desenvolvendo dende fai anos e que acadou un gran éxito de participación. O seu obxectivo é achegar aos cidadáns o deporte do xadrez e promover a súa práctica a través de torneos e do ensino das súas técnicas. Esta actividade é gratuíta e non require inscrición previa. Todos os xoves de 19.00 a 21.00 horas, a Praza Maior acollerá partidas de xadrez xigante e convencional e unha biblioteca itinerante.

Mentres, os martes, no mesmo horario, percorrerá distintos barrios da cidade co seguinte horario:

-Os días 12 de xullo e 02 de agosto visitará a Praza da Horta do Seminario.
-Os días 19 de de xullo e 09 de agosto, na Praza da Milagrosa.
-Os días 26 de xullo e 16 de agosto, na Praza de Ferrol.
-Os días 23 e 30 de agosto, na Praza do Castiñeiro.

No programa “Xadrez na rúa”, a Praza Maior acollerá partidas de xadrez xigante e convencional e unha biblioteca itinerante.
- Do 13 ao 17 de xuño.
- Do 01 ao 22 de setembro de 16.30 a 20.00horas.

Actividades de ocio deportivo

- Cursos de verán de piragüismo, organizados polo Club Fluvial de Lugo. Desenvolveranse nas instalacións do Club Fluvial durante os meses de xullo, agosto e a primeira quincena de setembro. A idade mínima para esta actividade é de 10 anos, e é imprescindible saber nadar. As inscricións poden facerse no Club Fluvial de Lugo.

- Campus atletismo Lucus San Fernando Caixa Rural, organizado polo Club de Atletismo San Fernando Lucus Caixa Rural. Do 24 de xuño ó 15 de xullo, en horario de 09.00 a 14.00 horas, nas pistas de atletismo municipais Gregorio Pérez Rivera. Actividade dirixida para nados/as entre 1998 e 2005. Máis información no Club de Atletismo San Fernando Lucus Caixa Rural (664321302 - 645921569).

- Campus Hockey Lugo, organizado polo Club Hockey Lugo. O campus celebrarase do 23 de xuño ó 25 de xuño e do 27 de xuño ó 02 de xullo no Polideportivo A Piringalla Daniel Cordido. Actividade dirixida para nados/as entre 1998 e 2005. Inscricións na Concellería de Deportes (Piscina de Frigsa).

- Campus Cidade de Lugo de Baloncesto, organiza o Club de Baloncesto Cidade de Lugo do 27 de xuño ó 02 de xullo nas instalacións deportivas municipais de Frigsa. Inscricións na Concellería de Deportes (Piscina de Frigsa).

- Campus Lumieira, organizado polo A.D.C. Lumieira nas instalacións municipais e Polideportivo E.U. de Maxisterio durante o mes de xullo. Dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 a 12 anos. Este campus conta con servizo de autobús e opción a comedor.
Información na páxina web: http://lumieiralugo.blogspot.com ou no teléfono 650198987.

- Curso de Iniciación ó Tenis, organizado pola Federación Galega de Tenis. Desenvolverase nas Pistas de Tenis Municipais de Frigsa durante 2 horas semanais. Haberá curso no mes de xullo e curso no mes de agosto. Dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos. Nivel iniciación.

- X Campus Fútbol Milagrosa se levará a cabo do 27 ó 2 de xullo e do 04 ó 9 de xullo no campo de fútbol municipal López Gorgoso (Frigsa) en horario de 10.00 a 20.30 horas. Está dirixido a rapaces e rapazas de 5 a 15 anos. Máis información no campo de fútbol municipal López Gorgoso e na tenda Magin Moda (Avda. Coruña, 125).

- Campamento Multideportivo Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, dirixido aos nados/as entre 1999 e 2005 no Polideportivo municipal O Palomar. Do 27 de xuño ó 1 de xullo de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.30 horas.

- Campus Ensino Lugobasket 2011. Se desenvolverá no Pazo Provincial de Deportes entre o 03 de xullo e o 09 de xullo de 10.00 a 19.00 horas. Está dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 19 anos. Inscricións no 982251972 e en www.ensinolugo.com

- Campus Arsenal Soccer School, organizado polo SDC Residencia e Soccer Schols. Será do 27 de xuño ó 1 de xullo no campo de fútbol municipal de A Cheda. Dirixido aos rapaces e rapazas de 5 a 14 anos. Máis información no 653882645 e na páxina web: www.arsenalcostadelsol.com

- Natación Cursos intensivos municipais de 2011 na Piscina Municipal de Frigsa.
Mes de setembro de 2011 en horario de 16.30 a 21.00 horas. Para nados entre os anos 2001 e 2005. Prezo 40 €
Prazo de solicitude do 08 ó 14 xuño en Frigsa.
Prazo de matricula do 21 ó 28 de xuño en Frigsa.

- Natación Cursos intensivos municipais de 2011 na Piscina Municipal de As Pedreiras.
Mes de setembro de 2011 en horario de 18.00 a 20.30 horas. Para nados entre os anos 2001 e 2005. Prezo 40 €
Prazo de solicitude do 08 ó 14 xuño en as pedreiras
Prazo de matricula do 21 ó 28 de xuño en frigsa

- Piscinas Municipais de verán 2011
Meses de xullo e agosto de luns a venres de 12.00 a 20.30 horas e sábados e domingos de 12.00 a 20.00 horas.