Este fin de semana celébrase a II Feira Trastos Bellos Cidade de Lugo

Jueves, 09 de junio de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Deportes que dirixe en funcións José Manuel Díaz Grandío, colabora un ano máis con Motos Sarria na celebración da Feira de Trastos Bellos Cidade de Lugo que se celebrará na cidade o vindeiro fin de semana.

Segundo destacan dende Motos Sarria, o éxito acadado na pasada edición, tanto en expositores como en público asistente, animou a organizar esta segunda edición da feira. Para este ano, agárdase a participación de 35 expositores procedentes de toda España, Francia ou Portugal. A cita será na Praza do Seminario Menor o sábado 11 de xuño de 9.00 a 21.00 horas, e o domingo 12 de xuño de 09.00 a 15.00 horas.

Na II Feira Trastos Bellos Cidade de Lugo poderá atoparse unha gran cantidade de vehículos clásicos, coches, motos, maquinaria agrícola antiga ou unha ampla exposición de recambios para este tipo de vehículos.

Multimedia