O luns día 21 cortarase en ambos sentidos un tramo da rúa Rúa Otero Pedrayo

Viernes, 18 de mayo de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Agárdase que este corte dure ata o seguinte luns, día 28, inclusive.

As obras na Rúa Otero Pedrayo consisten na pavimentación e renovación total de servizos no tramo que vai desde a intersección con Rio Eo ata a intersección con Rio Sil.

Por causa das obras, o sentido de circulación de descenso que vai da intersección de Río Eo con Río Sil permaneceu cortado ata agora, permitíndose durante este período o ascenso. Este luns día 21 por mor do asfaltado do tramo en obras, cortarase completamente o tráfico en ambos sentidos da circulación ata o luns 28 inclusive. Nesa semana esperase dar por rematada esta obra. Aos veciños pemitiraselles o paso de 19:30 a 9:00 horas para o acceso e saída dos garaxes. Así mesmo a empresa adxudicataria disporá da sinalización e persoal sinalista suficiente para que as molestias sexan as menos posibles.

O proxecto encádrase dentro do marco de actuacións municipais de renovación de tuberías de abastecemento de fibrocemento por novas tuberías de fundición, así como renovación de canais e tuberías de saneamento que na actualidade ocasionan filtracións de augas fecais no terreo. A renovación conleva ademais a renovación de pavimentos, así como a execución da obra civil necesaria para as canalizacións de alumeado público.

Esta obra está enmarcada dentro dun convenio coa Deputación Provincial de Lugo. A empresa adxudicataria é SANLE, ascendendo o contrato a un montante de 215.236,99 €. Estas obras comezaron a mediados de xaneiro, sendo o prazo de execución de 5 meses, prazo que visto o desenvolvemento das obras se vai cumprir.

A concelleira Paz Abraira recordou que a Concellería de Infraestruturas e Axenda 21 mantén un banner onde se informa con antelación dos cambios nas obras que dependen da mesma no enderezo de internet htpp://www.lugo.es, como un canal máis de comunicación cos veciños e veciñas de Lugo.

Coñeza as obras en marcha.