Os actos do Día Internacional dos Maiores terán lugar o día 26

Lunes, 12 de septiembre de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Os actos conmemorativos do Día Internacional dos Maiores organizados polo Concello, a través da Concellería de Benestar Social, terán lugar o vindeiro día 26 de setembro.

Hoxe abriuse o prazo de inscrición para asistir ó tradicional xantar conmemorativo que reúne a persoas maiores de 60 anos do municipio de Lugo. O prezo é de 10 euros. As inscricións pódense facer ata o día 16, de 9.00 a 13.00 horas, nos centros de convivencia.

O xantar estará amenizado con música en directo e terá lugar nunha carpa no parque de Frigsa.

Multimedia