Dende hoxe están abertos os prazos para inscribirse nos novos cursos do +XTI Formación

Lunes, 20 de febrero de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presentou dous cursos dentro da programación de +XTI Formación, coa que se pretende favorecer a súa ocupación e incorporación laboral a través de formacións demandadas e que conten con interese e atractivo para a mocidade.

Carmen Basadre destacou que “está orientado para mozos e mozas de entre 16 e 30 anos porque moitos deixan de estudar e esta é unha boa forma de complementar os coñecementos o que axuda moito á hora de atopar traballo”. Ambos cursos están orientados a cubrir unha demanda de persoal cualificado que tanto a Asociación de Panadeiros como a de Ximnasios deron a coñecer.

A inscrición debe facerse na Oficina de Información Xuvenil (OIX) ubicado no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra. Os requisitos comúns será estar censado ou acreditar que traballan ou estudan na cidade e ter entre 16 e 30 anos.

Curso de Panadería-Bollería
Esta actividade que conta cun total de 170 horas, 120 teóricas e 50 prácticas, vaise desenvolver de luns a venres en horario de 16:30 a 20:30 horas e os sábados de 09:30 a 13:30 horas. O número de prazas é de 15 persoas que poderán aprender o oficio de panadeiros e pasteleiros entre o 12 de marzo e o 14 de maio. O único requisito é ter entre 16 e 30 anos e inscribirse antes do 6 de marzo. As prácticas realizaranse en diferentes establecementos da cidade en colaboración coa Asociación de Panadeiros de Lugo. Ademais tamén se concede o título de manipulador de alimentos.

Basadre salientou que “recibimos as felicitacións de varios panadeiros que nos comentaron que agora mesmo non hai persoal cualificado e con coñecementos para traballar nese sector, polo que é un novo nicho de mercado que debemos explotar para axudar a diminuír a taxa de desemprego entre os máis novos”.

Curso de Monitor de Ximnasio Polivalente
Este curso de 195 horas, tenas repartidas en dous módulo: un común de 45 horas e un práctico de 150 horas, que desenvolverán o estudado na sala de musculación, fitness- ciclo indoor e piscina de diferentes ximnasios da cidade. A actividade desenvolverase entre o 23 de marzo e o 7 de xullo, en horario de 15:00 a 21:00 os venres e os sábados de 09:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:30 horas e será impartida por persoal membro da Federación Galega de Ximnasia. O prazo de inscrición remata o 17 de marzo e o número de prazas é de 24.

Multimedia