O Concello adicará o ano que vén 149.000 euros a subvencións para alugueiro de vivendas

Viernes, 30 de diciembre de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo adicará o ano que vén 149.000 euros a subvencionar o alugueiro de vivendas, segundo informou a Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, logo da reunión que celebraron hoxe as comisións encargadas da avaliación dos programas de axudas para o alugamento e para mellora da accesibilidade e habitabilidade de vivendas de persoas dependentes.

O Concello acordou hoxe a concesión de 93 axudas por un importe total de 140.498,86 euros para o alugamento de vivenda. A subvención concédese por un período inicial de un año prorrogable ata un máximo de dous anos. O principal criterio para a concesión destas axudas é o nivel de ingresos.

A este programa presentáranse 273 solicitudes, das que foron admitidas as 135 que cumprían os requisitos establecidos. As 42 persoas que non accederon á axuda pasan a formar parte dunha lista de espera, á que se acudirá se algún beneficiario deixa de percibir a axuda durante os dous anos que dura o programa.

Tamén se acordou hoxe a concesión de dúas axudas por un importe total de 8.000 euros dentro do programa de subvencións adicadas á habitabilidade de vivendas de persoas dependentes.

A xestión destes programas de subvencións que concede o Concello de Lugo está encomendada á Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Lugo, EVISLUSA.

Axuda ao alugamento de vivenda - exercicio 2011