Presentada a XVII San Silvestre que sairá do Parque do Recinto Feiral ás catro e media da tarde

Viernes, 30 de diciembre de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, acompañado polo Presidente do Club Fluvial, Eduardo Núñez Torrón, presentou hoxe a XVII edición da proba San Silvestre, que terá lugar o vindeiro día 31.

Díaz Grandío subliñou que esta é a última proba do ano e tamén a máis antiga do calendario lucense popular. O Concelleiro agradeceu ó Club Fluvial “o esforzo que supón a organización desta proba que é un magnífico xeito de rematar o ano” e animou a todas as persoas a disfrutar dela. Tamén destacou que este ano, no percorrido da San Silvestre vaise “estrear a pasarela do Miño e un precioso entorno na beira do río”.

Pola súa parte, Núñez Torrón agradeceu a colaboración do Concello na organización desta proba e destacou esta proba xa é un clásico porque este ano acada a súa decimoséptima edición. Sinalou que en anos anteriores a participación achegouse ó medio millar de corredores e dixo que “esta é unha boa forma de poñerlle o colofón deportivo ó ano que remata”.

A San Silvestre sairá do Parque do Recinto Feiral (zona da ponte vella), ás 16.30 horas.

A Nocturna de Reis discorrerá polo centro

Por outra parte, o Concelleiro de Deportes anunciou o cambio de ubicación da próxima proba do Circuíto Corre con Nós. A Nocturna de Reis, que terá lugar o sábado día 14 de xaneiro, que estaba prevista inicialmente no polígono de As Gándaras, trasládase ó seu antigo trazado do centro da cidade. O percorrido será por Ramón Ferreiro-Rúa Vilalba-Ronda Peonil-Rúa Anxel López Pérez, e contará coa colaboración das empresas de Lugocentrum que sortearán diferentes regalos entre os atletas que cheguen á meta.

Máis información sobre a XVII edición San Silvestre na web do Club Fluvial Lugo www.clubfluvial.org

Máis información sobre a Nocturna de Reis do Corre con Nós en deportes.lugo.es 

Multimedia