Este sábado terá lugar unha velada de kickboxing

Jueves, 30 de junio de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O sábado, día 2 de xullo, terá lugar nas instalacións deportivas municipais do Palomar unha velada mixta de kickboxing e Full contact na que participarán un club leonés, dous asturianos, un pontevedrés, outro coruñés e dous lucenses.

En kickboxing terán lugar tres combates e catro en Full contact, nos que hai que salientar o do lucense David Maira, do Club Argos-Astur, que é o actual subcampión de España na categoría de menos de 64 kg que se enfrontará a Javier Guitiérrez, de Castela e León. Por outro lado, o lucense Iago Ferreirua medirase na categoría neoprofesional a un moi difícil púxil asturiano, no que promete ser un bonito e duro combate.

Tamén se contará coa presenza de Simón García, afamado e laureado púxil galego, en cuxo palmarés cabe salientar os trece títulos mundiais profesional que gañou, e con Manolo Planas, presidente da Federación galega de boxeo e cinco veces campión mundial profesional.