Medio cento de rapaces participan no Campus de Baloncesto Cidade de Lugo

Jueves, 30 de junio de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Medio cento de rapaces toman parte no Campus de baloncesto de base Cidade de Lugo 2011 que ten lugar esta semana nas instalacións deportivas municipais de Frigsa.

No Campus participan nenos con idades comprendidas entre os 6 e os 13 anos. Ademais de adestramentos de baloncesto, os participantes desenvolven outras actividades como piscina, tenis, voley-praia, fútbol e xogos.

Este Campus foi organizado polo Club Baloncesto Cidade de Lugo, coa colaboración do Concello de Lugo, a FGB , a Xunta de Galicia  e do Club Porta XI Ensino.

Multimedia