O Alcalde visita a nova Oficina de Sancións da Policía Local que comezou a funcionar hoxe na rúa Río Neira

Viernes, 02 de marzo de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde, José López Orozco, visitou esta mañá as novas instalacións da Oficina de Sancións da Policía Local que atende, dende hoxe, ós cidadáns nas dependencias da rúa Río Neira, 25, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

O Alcalde destacou que coa apertura da nova Oficina trátase de darlle facilidades ós cidadáns para que non teñan que trasladarse a San Fiz, á nova sede da Policía Local e de Protección Civil, a facer xestións relacionadas coas sancións de tráfico.

Na visita, o Alcalde estivo acompañado polo Xefe da Policía Local, Manuel Méndez Novo, e polo responsable da unidade de sancións, o inspector José Luis Álvarez Basadre.

Esta unidade da Policía Local foi trasladada ás novas dependencias, que son de propiedade municipal, porque xa comezaron as obras no inmoble do Vello Cárcere, onde está instalada a Policía Local, para transformalo nun Centro cultural. O local foi acondicionado para este fin unha vez que deixou de ocupalo a Recadación Executiva que funciona dende o mes de decembro na Ronda da Muralla.

López Orozco explicou que a unidade de sancións da Policía Local está composta nestes momentos por catro auxiliares de policía, un administrativo e ó seu mando está un inspector.

Tamén informou o Alcalde que este departamento tramitou o ano pasado 14.068 sancións de tráfico, das que 6.223 foron pagadas no período voluntario. E no que vai de ano tramitáronse 2.702, e, de momento, foron pagadas no período voluntario 415. O prazo de tramitación das sancións é de seis meses, agás no caso das leves que teñen un período de tramitación de tres meses.

Multimedia