Aberto o prazo para pedir as subvencións adicadas á rehabilitación de vivendas e edificios no Casco histórico

Lunes, 05 de diciembre de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, anunciou a apertura do prazo para solicitar as subvencións destinadas á rehabilitación de vivendas e edificios no Casco histórico.

As axudas económicas previstas terán o carácter de subvención a fondo perdido e a súa contía pode chegar ata o 75% do orzamento protexido das obras de rehabilitación de edificios e vivendas, cunha contía media por vivenda subvencionada de 11.600 euros.

As solicitudes poden presentarse durante o mes de decembro no Rexistro da Empresa Municipal de Vivenda e Solo (Evislusa), na rúa Quiroga Ballesteros.

As bases da convocatoria foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia o 30 de novembro e tamén están colgadas na web do Concello, www.lugo.es.

Esta é a duodécima fase destas subvencións e nela concederanse subvencións para 82 obras de rehabilitación, 41 no ano 2012 e outras 41 no 2013. O presuposto total é de 951.000 euros. Ata o momento van feitas máis de 615 actuacións na Area de rehabilitación integral do Casco histórico de Lugo con cargo a este programa.