Ábrese o prazo para inscribirse na X Carreira Popular Lugo Monumental

Viernes, 02 de diciembre de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, acompañado por Jesús Méndez, Director de Caixa Rural Galega de Lugo, e Luis Barrio, Director de Publicidade de El progreso, presentaron a X Carreira Popular Lugo Monumental que se celebra o próximo domingo 18 de decembro.

Este ano a carreira realiza una modificación do percorrido na súa primeira parte, para facela máis monumental que nunca, xa que se intenta facer máis partícipe ao atleta no casco histórico da cidade. Desta maneira, a saída parte do mesmo sitio, a zona peonil da Ronda da Muralla fronte o Edificio Administrativo do Concello, pero en sentido contrario a edicións anteriores.

Outra das novidades é a ausencia de premios en metálico para os primeiros postos da proba masculina e feminina, así como para outras clasificacións pero mantéñense os distintos trofeos para as diferentes clasificacións. O que si haberá é sorteos de regalos donados polos colaboradores para todos aqueles que cheguen a liña de meta. Ao mesmo tempo celebrarase a partir das 11:00 horas, a segunda proba do circuíto CCNOS para menores que discurrirá por parte do trazado da carreira absoluta.

As inscricións pódense facer por Internet, para as que se habilitan 1300 prazas, xa que hoxe se abre o prazo para realizalas por Internet, na web de Championchipnorte.com, o prazo estará aberto ata o día 14 de decembro.

As inscricións presenciais (200 prazas) comenzarán o mércores 7 ata finalizar o período de inscrición o mércores 14 de decembro, na propia Concellería de Deportes.

Toda a información: percorrido, inscrición e regulamento.

Multimedia