Unha empresa instalada no CEI recibe un premio galego de innovación

Lunes, 11 de julio de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Unha empresa lucense que opera nas instalacións do Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo vén de ser premiada pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia.

A empresa AMSlab foi galardoada co premio á innovación que concede a entidade que representa ós xóvenes empresarios galegos. O galardón foille outorgado ós emprendedores lucenses nun acto que tivo lugar onte en Santiago de Compostela.

AMSlab é un laboratorio especializado que ten as súas instalacións no CEI-Nodus do Concello de Lugo, un Centro empresarial municipal que ofrece as súas dependencias ós emprendedores do noso concello para que poidan poñer en marcha os seus proxectos empresariais.

Concretamente, AMSlab é un laboratorio que está especializado no uso da espectrometría de masas acoplada á cromatografía líquida (LCMSMS). Está equipado con alta tecnoloxía que lle permite realizar diferentes análises e abordar problemas en sectores tan diferentes como o agroalimentario, o medioambiental, o clínico, o químico e o farmacéutico, dacordo coas necesidades dos seus clientes.
A empresa dispón de 6 liñas de servizos dirixidas aos seguintes sectores:

· Agroalimentario: análise de residuos de medicamentos veterinarios e contaminantes orgánicos, análise nutricional, etc.
· Medioambiental: análise de residuos e contaminantes orgánicos, etc.
· Clínico-Forense: TDM, biomarcadores, drogas de abuso, etc.
· Farmacéutico: análise de impurezas, ADME, DMPK, etc.
· Químico-Cosmético: análise de materias primas, principios activos, etc.
· Consultoría: validación e posta a punto de métodos analíticos.

Datos de contacto

Enderezo: CEI-NODUS, Planta Baixa, Taller 5
Tlf: 982808074
Web: http://www.ams-lab.com/
Email: infoaams-lab.com