O Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre "Cidade de Lugo" terá lugar o 10 de xullo

Jueves, 16 de junio de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Tenente de Alcalde de Cultura, Deportes, Turismo e Educación, José Manuel Díaz Grandío, presentou hoxe a undécima edición do Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre “Cidade de Lugo”, que se vai celebrar o día 10 de xullo.

Díaz Grandío destacou o gran éxito acadado por este certame, que no ano 2008 contou coa participaron de sesenta e sete artistas na categoría de adultos e tres na xuvenil; no ano 2009 fixérono oitenta artistas adultos e seis da categoría xuvenil; e no ano 2010 acudiron ao certame corenta e tres artistas adultos e sete xuvenís.

Os artistas deberán situarse no interior do recinto amurallado e na parte superior da Muralla, no adarve. A partir do momento do ditame do xurado, previsto para as 18.00 horas na Praza Maior, os autores dos cadros non premiados poderán poñer á venda as súas obras, asinándoas e poñéndolles na parte traseira o seu importe. A exposición ao aire libre prolongarase ata as 20.00 horas.

O importe dos premios, que se mantén igual ás edicións anteriores, ascende a 9.450 euros, e dividiran da seguinte forma:

1º- 1.700 euros e diploma
2º- 1.200 euros e diploma
3º- 900 euros e diploma
7 accésits de 600 euros e diploma

Establécese un premio especial ao artista local, nado ou residente en Lugo, non compatible coa obtención dos outros premios que será de 500 euros e diploma.

Establécese ademais da categoría de adultos, unha xuvenil dirixida a rapaces que teñan entre 13 e 17 anos. Os premios serán:

1º- Bono de 400 euros en material de pintura e diploma
2º- Bono de 300 euros en material de pintura e diploma
3º- Bono de 250 euros en material de pintura e diploma

Entre os días 11 e 15 de xullo realizarase unha exposición das obras na sala de exposicións Uxío Novoneyra en horario de 16.00 a 21.00 horas.

As bases do certame están recollidas nun díptico que se pode consultar na páxina web do Concello www.lugo.es, e tamén se difundirán nas Escolas de Arte, Facultades de Belas Artes, Galerías de Arte e colectivos de artistas mediante 2.000 dípticos informativos.

Multimedia