O Arde Lucus será protagonista do cupón da ONCE no sorteo do próximo sábado 16 de xuño

Lunes, 11 de junio de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, o Delegado Territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, e a Presidenta do Consello Territorial de ONCE-Galicia, Dolores Venancio Vilaboy, presentaron hoxe o cupón adicado ao Arde Lucus 2012.

O cupón que sorteará a ONCE o día 16 de xuño, fin de semana anterior ao comezo da festa, levará a imaxe oficial do Arde Lucus, coa aguia sobre o lume, e no que se inclúe o lema ARDE LUCUS. Lucus Augusti renacerá de novo. Lugo do 22 ao 24 de xuño. Ademais nun lateral insértase un destacado coa denominación de Festa de Interese Turístico Galego.

López Orozco agradeceulle á ONCE esta nova colaboración co Concello de Lugo que suporá a difusión dunha festa, que aspira a ser declarada de Interese Turístico Nacional, e polo tanto da nosa cidade, en toda España, xa que se porán a venda cinco millóns de cupóns para o sorteo que se celebrará o día 16.

“Quero agradecer todo o esforzo que fai a ONCE está presente sempre nos grandes e pequenos acontecementos da nosa cidade, coa Muralla, coa Catedral, coa celebración do Lugo10, e cos temas máis pequenos pero non menos importantes como a accesibilidade da cidade” segundo explicou o Alcalde que tamén se referiu a que “esta é unha promoción para a cidade impagable”.

O Delegado Territorial da ONCE en Galicia manifestou a súa satisfacción por “colaborar na difusión desta festa que ano tras ano se consolida” e por “axudar á imaxe de Lugo xa que chegaremos a case 5 millóns de persoas”.

O cupón da Muralla, que se sorteará o martes que vén, custa 2 euros e o ganador do primeiro premio recibirá un premio de 6.000 euros ao mes durante 25 anos.

www.ardelucus.com

 

Multimedia