Mañá celébrase a II edición da Noite Aberta de Lugo

Viernes, 16 de diciembre de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Mañá venres 16 de decembro a partires das 20:00 horas vai ter lugar a segunda edición da Noite Aberta, unha actividade que pretende darlle un impulso ao comercio de Lugo e que organiza a Asociación de Autónomas, Empresarias e Profesionais de Lugo.

A iniciativa, que o ano pasado tivo unha gran acollida, consiste en que os comerciantes participantes, que se identificarán cunha alfombra branca, abrirán as portas dos seus establecementos ata a medianoite, ofrecendo descontos, cátering, música e actuacións en directo para atraer a clientela. Pola súa parte, dende a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, crearase unha ludoteca no centro de convivencia Uxío Novoneyra entre as 21:00 e as 23:00 horas para que os pais e nais poidan deixar aos nenos e nenas mentres desfrutan das múltiples actividades.

O obxectivo é incentivar ás vendas do pequeno negocio lucense ante a chegada da campaña Navideña. Ademais, este ano hai varios establecementos de hostalería que por primeira vez se suman aos comercios de roupa e complementos e que terán a alfombra branca xa que participan con sorpresas especiais.

Por outra parte, os alumnos da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC, elaborarán un vídeo promocional para a Asociación de Autónomas de Lugo co que a TIC mantén un convenio de colaboración dende o pasado ano e que cumpre cunha dobre finalidade: difundir a actividade do colectivo lucense e ampliar a formación práctica dos seus estudantes en Imaxe e Son para facilitarlles a súa futura inserción laboral.