Carmen Basadre anuncia a aprobación da normativa de regularización dos espazos xuvenís do Concello de Lugo

Miércoles, 02 de noviembre de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, informou da aprobación da ordenanza que regula os espazos xuvenís do Concello de Lugo e que da que se informou na Comisión Permanente de Benestar Social e Asuntos Xerais.

Carmen Basadre explicou que “esta ordenanza quixémola facer porque non había ningunha e con motivo da creación da Casa da Xuventude había a necesidade de definir e concepturalizar cales son as formas de acceso e detallar os espazos que se regularán baixo este normativa”. Esta mesma ordenanza tamén serve para regular o uso dos espazos como a Casa da Música, a Oficina de Información Xuvenil do Uxío Novoneyra e o Punto de Información do Castiñeiro.

“Agora temos un documento único no que os mozos e mozas de 12 a 35 anos de idade de Lugo poden coñecer como e de que maneira poden facer uso destes espazos que se poñen ao seu servizo para a realización de actividades” segundo lembrou Carmen Basadre.

Ordenanza de venda ambulante

Na mesma Comisión de Benestar e Asuntos Xerais, tamén se aprobou a modificación da ordenanza de venda ambulante. As novidades que se engaden son que a potestade sancionadora que se atribuía a Alcaldía pasa a delegarse no titular da Concellería de Servizos Xerais e Modernización Administrativa; que na autoridade competente para abrir os procedementos sancionadores se inclúe á Policía Local; poderase solicitar e publicitar durante 6 meses os vehículos a venda ao que se lle pode engadir unha prórroga de 6 meses; e, ademais, dende o Concello de Lugo solicitarase, en lugar do permiso de conducir como se facía ata agora, o recibo de ter pagado o imposto de circulación no propio Concello para poder solicitar a autorización para a venda ambulante de vehículos, que nunca poderán ser máis de 2 por solicitante.

Multimedia