O Concello aproba este xoves a xestión integral do ciclo da auga

Lunes, 25 de junio de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello dará este xoves un paso decisivo no proxecto de xestión integral do ciclo da auga, segundo anunciou esta mañá o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso.

González Dopeso informou de que a Comisión informativa previa ó Pleno municipal que terá lugar o xoves, día 28, tratou hoxe sobre o cambio no modelo de xestión do ciclo da auga.

O Concelleiro explicou que “actualmente temos un modelo híbrido, no que unha parte do ciclo se xestiona directamente e outra indirectamente, e o obxectivo é establecer un único modelo tanto para a captación, a potabilización, o almacenamento, a distribución e a depuración da auga”. Para elo, lembrou, “a nosa proposta é facelo a través dunha sociedade de economía mixta, na que o capital maioritario será público”.

O Concelleiro de Medio Ambiente explicou que coa elección deste modelo “o Concello asume un protagonismo e unha responsabilización directa, co que vai ter unha maior implicación e vontade de participación que se optáramos pola fórmula da concesión, xa que ese modelo significaría que o Concello sería titular do servizo pero non participaría nin no capital nin na administración da sociedade xestora deste servizo”.

“Eleximos este modelo e agardamos que saia adiante”, manifestou o Concelleiro de Medio Ambiente.

Multimedia