O Alcalde recibiu a visita de Pilar Iglesias, Campioa do Mundo de Veteranos en 10 quilómetros marcha

Jueves, 26 de abril de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiron a visita de Pilar Iglesias, Campioa do Mundo de Veteranos en 10 quilómetros marcha en pista cuberta dentro da categoría F-40. A marchadora lucense, que pertence ao Club Lucus Caixa Rural Galega, suma este título logrado en Finlandia, ao conseguido o ano pasado a nivel europeo.

López Orozco destacou a importancia que este título ten para o deporte feminino e interesouse pola conciliación da vida laboral e deportiva da Campioa do Mundo. Ademais felicitouna polo título e deulle as grazas por levar o nome de Lugo por todo o mundo.

Multimedia