Concello e Xunta avanzan na revisión do 5% do PXOM pendente de aprobar

Martes, 24 de abril de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, acompañado por técnicos municipais, reuniuse esta mañá en Santiago de Compostela con responsables da Consellería de Medio Ambiente, Infraestruras e Territorio para avanzar na revisión do 5% do Plan Xeral de Ordenación Municipal que está pendente de aprobación pola Xunta de Galicia.

Segundo manifestou o Concelleiro trala xuntanza, “na reunión quedou en evidencia o espíritu de colaboración entre ambas as dúas administracións e hai un grande interese tanto por parte do Concello como da Xunta para acabar o antes posible ós traballos pendentes, co fin de que Lugo poida dispor canto antes ó cen por cento dun planeamento urbanístico actualizado”.

Na reunión de hoxe, o Concello presentoullle á Xunta de Galicia a documentación, acordada por unanimidade dos tres grupos políticos na Comisión de Planeamento, sobre os núcleos rurales e as súas áreas de expansión e sobre os urbanizables.

Os técnicos da Xunta teñen previsto estudar a próxima semana a documentación entregada e deseguido poñeranse en contacto co Concello para clarexar calqueira dúbida que poidera xurdir.

O Concelleiro de Urbanismo confía en que se chegue a un acordo respecto do 5% do PXOM pendente nas vindeiras semanas.

www.lugo.es/ws/pxom