O Centro de información Europe Direct-Lugo organiza unha xornada adicada á discapacidade como peche do ano europeo de loita contra a pobreza e a exclusión social

Martes, 21 de diciembre de 2010
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello organiza, a través do Centro de información Europe Direct, unha xornada na que participarán distintas asociacións que traballan en Lugo no campo da discapacidade e a diversidade como peche do Ano Europeo de loita contra a pobreza e a exclusión social.

A xornada celebrarase baixo o lema “O Nadal e os valores europeos” e terá lugar na sala multiusos do centro de información europea Europe Direct-Lugo, a partir das 16.30.

No programa inclúense obradoiros de pintura e manualidades, xogos, un contacontos, actuacións e panxoliñas, entre outras actividades.

www.lugo.es/europedirect

 

Multimedia