A Biblioteca de Fingoi recorda a Rosalía de Castro no 125 aniversario da súa morte cun recital

Lunes, 20 de diciembre de 2010
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Carmen Basadre, organiza mañá martes 21 de decembro un recital de poemas de Rosalía de Castro, polo 125 aniversario da súa morte.

O acto comezará as 10.00 horas na Biblioteca de Fingoi cunha presentación do recital a cargo de José Blázquez, e continuará cunha breve introdución sobre a figura de Rosalía de Castro do escritor Darío Xohán Cabana. Posteriormente, levarase a cabo a lectura de poemas, que serán recitados polos usuarios do centro e da biblioteca, e no que tamén participará a Concelleira de Benestar Social e Igualdade Carmen Basadre. Tras o recital, os participantes debaterán nunha charla-coloquio, e poderán ver unha exposición bibliográfica.

Multimedia