Case o 84% dos edificios obrigados a pasar a ITE fixeron a revisión

Martes, 22 de febrero de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A maioría dos propietarios de inmobles obrigados a pasar a Inspección Técnica de Edificios durante o ano 2010 no Concello de Lugo fixeron a revisión. Segundo os datos que facilitou a Delegada de Urbanismo, María Novo, en 2010 tiñan que pasar a ITE 1863 edificios e presentarona 1.560. Este dato representa o 83,7% do total.

A maioría das revisións, 1.434, foron favorables e das que resultaron desfavorables, que están a estudo neste momento, a maioría son relativas ó cumprimento do deber de conservación e deben acometer obras menores.

Ademais a Delegada de Urbanismo que foron solicitadas 90 axudas e foron concedidas todas as que cumprian os requisitos establecidos na convocatoria das subvencións.

Novo respondeu por escrito as preguntas formuladas polo BNG na Comisión de Planeamento porque esta mañá tivo que asistir, en representación do Concello, a unhas xornadas sobre a Protección da Legalidade Urbanística, organizadas pola Xunta de Galicia.