O Concello cambiou catro prazas en centros de día ofrecidas pola adxudicataria do Servizo de Axuda no Fogar, para as que non hai demanda, por outros servizos que si necesitan os usuarios

Lunes, 21 de febrero de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social, Carmen Basadre, explicou hoxe na Comisión de Servizos Sociais a modificación que se fixo nas melloras ofertadas pola empresa adxudicataria do Servizo de Axuda no Fogar.

Entre as melloras que ofrecera a adxudicataria figuraban catro prazas en centros de día que no momento da firma do contrato, o 17 de setembro de 2010, non eran necesarias porque non había lista de espera ó “non estár ocupadas a totalidade das prazas nos centros de día”. Por este motivo, optouse por atender outros servizos que sí son “requeridos polos usuarios, prestacións que non son propios do SAF, senón que son compementarios”.

Deste xeito, as catro prazas que non eran necesarias cambiaronse por 1.500 sesións de fisioterapia, 619 sesións de podoloxía, 130 servizos de lavandería e ata 4.000 euros en axudas técnicas como pastilleiros, grúas ou colchóns antiescaras.

A Concelleira de Benestar Social explicou que, de non facerse esta modificación das melloras, implicaría ter catro prazas sen usar nos centros de día “co cal a única beneficiaria sería a empresa que tería unhas prazas baleiras que o Concello non necesita”. Engadiu tamén Carmen Basadre que “a modificación das melloras realízase para atender prestacións demandadas polos usuarios e dar cobertura ás necesidades reais” e clarexou que “económicamente non houbo merma algunha, posto que se realizaou unha comparativa económica entre as melloras ofertadas e as que finalmente se prestan”.

Un caso semellante é o das dez prazas adxudicadas provisionalmente con cargo ós dos Fondos Estatais para o Emprego e a Sostenibilidade Local. Para a Concelleira de Benestar “é prioridade desta Concellería aproveitar ata o último euro do gasto social aprobado polo Ministerio, sempre con criterios de eficiencia e eficacia” e sinalou que “a subvención está vinculada ó gasto efectivo realizado e dispor dunha subvención non implica facer o gasto se este non é necesario, máis aínda cando hai posibilidade de xustificación do gasto total con cargo a outros proxectos xa aprobados”. “O que nunca se permite é financiar proxectos que sexan diferentes ós aprobados”, explicou Carmen Basadre.

Basadre deu conta dos proxectos aprobados para o Concello de Lugo dentro deste Fondo cun importe máximo de 2.067.168 euros. O desglose deses fondos no tocante á Concellería de Benestar Social é o seguinte: 660.847 euros para Centros de día, 505.00 para Igualdade e benestar social, 284.070 para prestación de actividades de animación sociocultural, 131.679 para ociotecas, 93.000 para o servizo de comida no domicilio, 89.165 para vixilancia do Fogar do transeúnte, 80.000 para Casa das Línguas e 58.460 para o programa de educación familiar. Outros 164.944 euros son para a Concellería de Educación con destino á limpeza de colexios públicos.

A Concelleira de Benestar explicou que a xustificación final non se fará ata o 31 de marzo, dacordo coas bases reguladoras da subvención. Neste momento estanse a recopilar todas as factuas tramitadas con cargo a cada proxecto e os xustificantes de pago. Os remanentes xenerados pola non execución dalgún proxecto vaise compensar coa sobre execución doutros, como é o caso da limpeza dos colexios nos que o gasto real é moi superior, segundo explicou Basadre.