Presentada a 16ª Carreira Popular San Silvestre Club Fluvial que se vai celebrar este venres

Miércoles, 29 de diciembre de 2010
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Esta mañá presentouse no Concello a 16ª Carreira Popular San Silvestre Club Fluvial que terá lugar o venres, día 31, organizada pola sección de atletismo do Club Fluvial de Lugo coa colaboración do Concello, a Dirección Xeral de Deportes, o Club Media Marathon e Asport21.

A saída será do Paseo Fluvial próxima ó Pazo de Feiras e Exposicións ás 16.30 horas. A Carreira disputarase coas seguintes categorías e distancias:

-Mini (0,5km) 2005-2006
-A (1km) 02-03-04
-B (2km) 99-00-01
-C (2,5km) 97-98
-D ((3,5km) 95-96
-Adultos E / F /G / H / I / J / K / L / M / N ( 6,5 km )

Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada unha das categorías. Os corredores participantes no circuíto de Carreiras populares Larsa Corre con Nós 2010-2011 xa están inscritos para participar nesta proba e deberán levar o dorsal e o chip co que participan no circuíto.

www.clubfluviallugo.com

deportes.lugo.es