A Comisión de Urbanismo reúnese o luns logo de que todos os servizos municipais emitiron os informes do PXOM

Miércoles, 22 de diciembre de 2010
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello xa dispón de todos os informes preceptivos dos servizos municipais referidos ó PXOM.

Así as cousas, o vindeiro luns, día 27 de decembro, reunirase a Comisión de Urbanismo na que están presentes todos os grupos políticos do Concello e todos os técnicos municipais que emitiron os seus informes. Desa reunión sairá o documento definitivo que se someterá á consideración do Pleno da Corporación.

Este é o paso previo para que a Xunta de Galicia, que é a administración que ten a competencia, aprobe definitivamente o PXOM de Lugo, para o que conta cun prazo máximo de tres meses.