O Concello establece un plan de tráfico para as festas de San Froilán que se porá en marcha a partir de mañá

Viernes, 08 de octubre de 2010
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Protección da Comunidade vén de presentar o plan de tráfico e mobilidade que se porá en marcha durante as festas de San Froilán.

Na presentación o Concelleiro, José Rábade, manifestou que o plan “é semellante ó que puxemos en práctica nos últimos anos porque consideramos que funcionou razoablemente ben”.

Tamén este ano “haberá aparcamentos disuasorios que pretendemos que teñan cada vez máis uso”. Lembrou o Concelleiro que se trata de aparcamentos gratuítos e indicou que “cantos menos coches haxa nestes días polo centro da cidade e no recinto feiral mellor nos irá a todos porque estas son mas festas máis importantes de Galicia e de maior afluencia de xente”. Por elo, indicou, “o noso obxectivo é que a xente que veña a Lugo o pase ben e teña as máximas facilidades para achegarse a cidade”.

Medidas previstas

Nas vías afectadas pola instalación de atraccións de feira e casetas de venda (avenida Rodríguez Mourelo, praza de Avilés, avenida García Portela e rúa Puro Cora) só poderán circular vehículos debidamente autorizados.

As vías incluídas dentro do Recinto Feiral (avenida de García Portela, rúa Pascual Veiga, Rúa Puro Cora, praza de Avilés, avenida Rodríguez Mourelo, glorieta Irmáns Pedrosa, primeiro tramo de Ramón Ferreiro, rúa Bispo Aguirre e rúa Anxo López Pérez) cortaranse á circulación desde as 19.00, aínda que esta hora pode variar en función das necesidades. Non obstante, os días de maior afluencia de xente ó Recinto Feiral, festivos e fins de semana, manterase pechado o acceso a todas as rúas do recinto con este horario:

-Desde as 19.00 horas do día 1 de outubro ata as 6.00 horas do día 4 de outubro.
-Desde as 19.00 horas do día 4 de outubro ata as 6.00 horas do día 6 de outubro.
-Desde as 6.00 horas do día 8 de outubro ata as 6.00 horas do día 11 de outubro.
-Desde as 19.00 horas do día 11 de outubro ata as 6.00 horas do día 13 de outubro.

A calzada da avenida Rodríguez Mourelo situada no marxe da Audiencia Provincial manterá o seu sentido de circulación pero prohibirase o aparcamento nas dúas marxes. Na calzada dos institutos cortarase totalmente ó tráfico.

A praza de Avilés cortarase parcialmente ó tráfico, xa que se permitirá o paso de vehículos cara as rúas Puro Cora e García Portela.

A calzada da rúa García Portela adxacente ó Parque Rosalía cortarase á circulación mentres que na próxima á liña de edificacións habilitarase en dobre sentido de circulación para facilitar o acceso de vehículos de residentes e de servizos.

A praza Irmáns Pedrosa non sofre variacións.

O primeiro tramo da avenida de Ramón Ferreiro só experimentará variacións nos momentos nos que peche o Recinto Feiral cando se habitará en dobre sentido de circulación a calzada próxima ós centros educativos.

A rúa Puro Cora sinalizarase para impedir o aparcamento de vehículos.

A rúa Pascual Veiga sinalizarase para impedir o estacionamento.

A rúa Anxo López Pérez sinalizarase para impedir o aparcamento na marxe dereita.

As vías pertencentes á área de influenza do Recinto Feiral sufrirán variacións no momento no que se peche ó tráfico éste, sobre as 19.00 horas. A rúa Santiago terá sentido único durante as festas, o Carril dos Loureiros cambiará de sentido de circulación igual ca rúa Cedrón del Valle no tramo comprendido entre as rúas Xeneral Tella e Cidade de Viveiro; a rúa Cidade de Vigo cambiará de sentido para facilitar o acceso de residentes ás prazas de garaxe, dos taxis e da carga e descarga con destino á Estación de Autobuses e ó parking da praza da Constitución; tamén se cambiará a ordenación do tráfico na praza da Constitución e a rúa Frai Plácido Rei Lemos cortarase pasado o acceso ó Hospital de San Xosé, este corte será parcial ata as escaleiras de acceso a Pascual Veiga e desde ese punto ata Vila de Foz impedirase o aparcamento.

Cando se peche o Recinto Feiral tomaranse estas medidas:

-A Ronda da Muralla cortarase ó tráfico á altura da rúa Santiago pola que se desviará o tráfico.
-A rúa Armando Durán sinalizarase para que o acceso de residentes se faga por Pintor Corredoira.
-A rúa Vilalba quedará cortada tralo cruce co Carril dos Loureiros. Los residentes que acceden desde a Ronda da Muralla circularán polo Carril dos Loureiros no sentido contrario ó habitual.
-A calzada dereita de Ramón Ferreiro en sentido ó centro terá dous cortes de tráfico, un pasada a rúa Celso Emilio Ferreiro e outro ó rebasar o cruce con Salvador de Madariaga.
-A rúa Xeneral Tella verase afectada por outros dous cortes de tráfico: na confluencia con Cedrón del Valle onde se desviará a circulación polo tramo que vai de Vila de Sarria a Cidade de Viveiro, que será en sentido contrario o habitual e no cruce coas rúas Ribadeo, Puro Cora e Pascual Veiga.
-A rúa Pascual Veiga quedará totalmente pechada ó tráfico nos momentos de maior afluencia de xente ás casetas. Os vehículos de residentes poderán acceder ós garaxes por Cidade de Viveiro.
-A rúa Salvador de Madariaga cortase no seu comeao, á altura da praza de Bretaña, só se permitirá o acceso a residentes e vehículos que se dirixan ó parking do Seminario.

Aparcamentos disuasorios

A Concellería de Réxime Interior e Protección da Comunidade manterá presencia policial permanente no Recinto Feiral e a súa área de influencia para garantir a fluidez do tráfico e nos cruces que se consideran conflitivos.

Establécense catro zonas de aparcamento nas inmediacións das principais vías de acceso a cidade (as dúas áreas de estacionamento da rúa Campos Novos, na rúa Madanela e no aparcamento das Termas), que estarán debidamente sinalizados e comunicados con servizo de bus urbano co Recinto Feiral. Dúas liñas especiais de autobuses conectarán estas zonas co centro cada 30 minutos os días 4,5,9,10,11 e 12. E as liñas 3ª, 3AE, 4, 4E, 5E, 6, 6E e 7ª prolongarán o seu servizo ata as dúas ou tres da madrugada os días 4,5,9,10,11 e 12.

Tamén se habilitará unha zona de aparcamento na rúa Poeta Noriega Varela.

sanfroilan.info

Multimedia