Abertas oficialmente as casetas do polbo de San Froilán

Viernes, 08 de octubre de 2010
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, acompañados por outros membros da corporación municipal, inauguraron esta mañá as casetas do polbo, situadas no recinto feiral. Esta é a primeira vez que se celebra un acto de inauguración das casetas, onde tanto a corporación municipal, como os medios de comunicación e os cidadáns que se achegaron ata alí, puideron degustar as primeiras racións de polbo. López Orozco animou a todos os cidadáns a probar o polbo e sobretodo, a disfrutar das festas do San Froilán. Precisamente, hoxe mesmo, o Alcalde viaxa ata Barcelona para promocionar en terras catalanas as festas do San Froilán.

Este é o pistoletazo de saída dun programa cheo de actos que comeza esta tarde co concerto na praza de Santa María, as 20.00 horas, de Iván y Josito, Ian e Dorian. O sábado, as 19.00 horas haberá unha cata comentada, “Denominación de orixe do O Ribeiro. Vinos cargados de historia”, que se celebrará no Círculo das Artes e que será de entrada de balde previa inscrición a través do mail: cataribeiro@hotmail.es.

As 20.00 horas a música chegará de novo ata a Praza de Santa María con Kike Ganso, Kimuru e Josele Santiago. Para o domingo, a música correrá a cargo de Batital e Kibitka, que actuarán as 20.00 horas na Praza de Santa María.

Actividades deportivas para o fin de semana

Sábado 2 de outubro

XIV Torneo San Froilán de Golf
Lugar : Campo de golf del club
Competición de 09:30 a 19:30

V Trofeo San Froilán Tiro con Arco en sala
Lugar: Polideportivo piscina municipal de a Piringalla
Competición de 15:00 a 20:00

X Torneo San Froilán de Rugby
Lugar: Pistas de atletismo López Gorgoso
Competición de 15:30 a 20:00

XI Criterium ciclista San Froilán
Lugar : Avenida de Ramón Ferreiro
Competición de 16.00-19:30

II Torneo San Froilán de Squash
Lugar: Pistas de squash Pazo Provincial
Sábado 10:00-20:00 (finais 18:00 h)

I Open San Froilán de Dardos
Lugar: Tiempos Modernos

Domingo 3 de outubro

III Trofeo Cidade de Lugo. Torneo San Froilán - Rankinggalego de espada
Lugar: Polideportivo Municipal de Frigsa
Competición: 09:00 a 20:00

III Open San Froilán de Rallyslot 1/24 (scalextric)
Lugar: Tienda Capicúa (Rúa Montero Ríos 5 )

XXXVI Torneo de Judo San Froilán
Lugar: Polideportivo Municipal Casa do Deporte

sanfroilan.info

 

Multimedia