Amplíanse de novo as datas para participar nos cursos de conducción eficiente organizados polo Concello de Lugo

Miércoles, 26 de noviembre de 2008
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo ampliou de novo as datas de celebración dos cursos de conducción eficiente cos que os lucenses poderán aprender a adoptar medidas para reducir as emisións de CO2 na conducción, así como promover un aforro do combustible debido á alta demanda por parte dos cidadáns.

Os cursos que se celebrarán ata o vindeiro día 5 de decembro contará con dúas novas datas de celebración na fin de semana:
Sábado 29 de novembro: de 16:00 – 18:30 e de 18:30 – 21:00.
Domingo 30 de novembro: de 10:00 – 12:30 e de 12:30 – 15:00.

Os interesados en participar poderán realizar a súa inscrición a través do portal municipal www.lugo.es.

Os cursos contarán cunha parte teórica, que se impartirá no edificio da Policía Local, e outra práctica nun circuíto urbano de entre 5 e 7 quilómetros.

Con esta iniciativa o Concello pretende proporcionar ferramentas de aforro ás familias lucenses e reducir o impacto das emisiones de CO2 no contorno de Lugo.