Aberto o prazo de participación para a XII edición das Xornadas de Artes Escénicas de Fingoi

Viernes, 01 de abril de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Carmen Basadre, abre o prazo para a participación na XII edición das Xornadas de Artes Escénicas de Fingoi que organiza o Concello de Lugo, o Colexio Fingoi e a Escola Arte e Lecer e nas que colabora Palimoco Teatro.

Este ano as Xornadas desenvolveranse os días 30, 31 de maio, e do 1 ao 3 de xuño na modalidade de teatro. As de danza e música serán do 4 ao 9. O curtocinefingoi proxectarase o día 10, clausurándose as mesmas o 13 cunha representación teatral nun lugar céntrico da cidade ao aire libre.

Para participar será necesario cubrir unha ficha de solicitude, que pode atoparse na páxina web do Concello, na Concellería de Benestar Social e Igualdade, antes do día 15 de abril. A organización concederá axudas para o traslado dos grupos de fóra da cidade, consistentes, como viña sendo costume, nun máximo de 80 euros para os grupos da provincia e de 150 euros para os grupos de fóra dela.