Os traballadores contratados ó abeiro do Plan Lugo Emprega incorporáronse esta mañá aos seus postos

Viernes, 01 de abril de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, recibiron esta mañá na nave de Vías e Obras do Parque de Frigsa ós traballadores contratados polo Concello ó abeiro do Plan Lugo Emprega.

O Plan Lugo Emprega, que financia a Deputación Provincial, permitiulle ó Concello de Lugo contratar 62 traballadores durante seis meses. A Deputación de Lugo financia estas contratacións cunha achega económica de 800.000 euros

As persoas seleccionadas incorporaranse así aos postos de traballo para os que foron seleccionados. Os 62 traballadores contratados polo Concello de Lugo son para as seguintes prazas: 42 de peóns, 5 de auxiliares administrativos, 4 ordenanzas, 3 técnicos medios, 3 dinamizadores, 3 especialistas informáticos e 2 de delineantes.

Tres prazas de auxiliar administrativo

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu esta mañá, no Salón de Comisións da Casa Consistorial, o acto de toma de posesión de tres prazas de auxiliar de administración xeral, pertencentes ó cadro de persoal funcionario do Concello de Lugo. As tres prazas foron convocadas mediante concurso de oposición e en quenda de consolidación de emprego temporal.

Multimedia