Comeza en Lugo a I Mostra Itinerante de Cine Español feito por Mulleres coa película "Retorno a Hansala" da directora Chus Gutiérrez que participou na apertura

Martes, 19 de octubre de 2010
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, abriu esta tarde a I Mostra Itinerante de cine español feito por mulleres “Mulleres de Cine”, que se celebra ata o xoves no Centro de Convivencia Maruja Mallo e que, ademáis de en Lugo, pasará por Benidorm, Xaén, Murcia e Xixón.

A Mostra comezou cunha charla na que tamén participaron a directora de cine Chus Gutiérrez; a técnica da mostra, Ana Isabel Palacios, a artista lucense Luz Darriba, e a directora do centro de produción de programas da Fundación TIC, Marga Soilán.

Carmen Basadre e Ana Isabel Palacios sinalaron que o obxectivo desta Mostra itinerante, impulsada polo Instituto da Muller e que conta coa colaboración do Concello de Lugo, é “facer máis visibles ás mulleres no cine e na sociedade”. Neste sentido, a responsable da Fundación TIC propuxo a elaboración dun estudo sobre xénero e cine en Galicia xa que, segundo destacou, “das 115 películas feitas en Galicia só 11 foron dirixidas por mulleres”.

Trala charla coloquio, tivo lugar a proxección do film de Chus Gutiérrez “Retorno a Hansala”. A directora explicou que a película está ambientada en Marrocos “un país cara o que temos un prexuízo especial aínda que somos veciños moi cercanos e as nosas culturas son semellantes, igual que a estrutura social e familiar”

O martes as 20.00 horas proxectarase “El niño pez” de Lucía Puenzo. O mércores día 20 será a quenda de “Tres días con la familia” de Mar Coll. E o xoves será o turno de “La luna en ti”, obra da directora Diana Fabianova. Tódolos films serán as 20.00 horas no Centro de Convivencia Maruja Mallo e coa entrada gratuíta.

http://www.cineenruta.com/mujeres-de-cine.html

 

Multimedia