O Concello organiza unha Xornada de Pintura ao carón do río

Martes, 24 de mayo de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Participarán unhas 50 persoas adultas que asisten aos obradoiros de pintura ao óleo nos Centros de Convivencia

O Concello de Lugo, a través da Área de Benestar Social e Igualdade, que dirixe a Concelleira en funcións Carmen Basadre, organiza para o vindeiro xoves, día 26 de maio, unha Xornada de Pintura ao aire libre.

Esta actividade de Animación Sociocultural realízase dende os Centros de Convivencia, e agárdase a participación dunhas 50 persoas adultas que asisten habitualmente a obradoiros de pintura ao óleo nos centros cun monitor. A Xornada de Pintura ao aire libre desenvolverase nas proximidades do río Miño, As Saamasas en horario de 10.00 a 19.00 horas.