A Festa da Carballeira desenvolveuse sen incidentes relevantes

Jueves, 14 de abril de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Tan só se rexistraron dous incidentes e varias chamadas por ruídos

O Concelleiro de Protección Cidadana, José Rábade, destacou hoxe a normalidade rexistrada durante a xornada de onte, por mor da celebración da Festa universitaria da Carballeira.

Durante a tarde non se rexistraron incidentes de especial relevancia e pola noite, a Policía Local informou de dous incidentes, uns xóvenes que obstaculizaron o tráfico na zona, e un lanzamento de botellas de cara a un patio exterior, situado na traseira dun edificio. Xa máis entrada a noite recibíronse 3 chamadas por queixas de ruído nas rúas Nóreas, Gallego Tato e Galicia.

O Concelleiro destacou a importante labor do dispositivo organizado, que contou coa participación da Policía Nacional, ademais dos servizos de Urbaser.

A zona da Carballeira xa se atopa en perfecto estado, despois de que os servizos de limpeza recolleran 6.240 kilos de lixo. Nas labores de limpeza participaron 3 satélites recolectores, 2 motocarros, 2 camións de baldeos mixto, 1 hidrolimpiadora e 1 barredora grande, co correspondente persoal. A maiores, realizaron traballos de limpeza 16 peóns de barrido, 3 deles con sopladores.