O Concello de Lugo presenta as grandes liñas do Plan Xeral de Ordenación Municipal ao Consello Económico e Social

Jueves, 11 de diciembre de 2008
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu a xuntanza do Consello Económico e Social onde a Delegada de Urbanismo, María Novo, presentou as grandes cifras e os aspectos máis relevantes do Plan Xeral de Ordenación Municipal que está pendente da aprobación provisional en Pleno.

María Novo explicou a importancia deste documento urbanístico que plantexa un modelo do Lugo do futuro. 

O Plan Xeral pretende deseñar un modelo territorial e urbano que, respectando os valores medioambientais do territorio, sexa capaz de satisfacer as necesidades e expectativas dos seus habitantes, dende o respecto aos valores e aos modelos de asentamento tradicionais.

O Plan recolle catro liñas de actuación estratéxicas:
1.- mellora das infraestruturas 
2.- modelos que prioricen a calidade dos espazos públicos e o reparto equilibrado de dotacións, zonas verdes, equipamentos e vivendas de protección en todas as zonas da cidade
3.- desenvolvemento do tecido produtivo
4.- mellora da proxección exterior do municipio, potenciando os seus valores históricos, culturais e naturais.

Mellora das infraestruturas

  • potencia a función de Lugo como cruce de camiños do noroeste
  • completa e conecta as rondas da cidade con autovía de gran capacidade
  • nova ponte
  • novos viais, accesos e conexións

    Potenciación da cidade

  • rexenera os barrios consolidados
  • completa o tecido urbano existente, reequipando a cidade
  • integra as estruturas rurais preexistentes
  • completa espazos libres e zonas verdes no tecido urbano
  • integra o río na cidade
  • distribúe os equipamentos
  • xera unha importante oferta de solo para vivenda protexida
  • fomenta a rehabilitación

    Tecido produtivo

  • reforza os enclaves existentes, recualificándoos e incorporando dotacións
  • dá accesibilidade inmediata a redes principais de transportes, á cidade e a outros municipios
  • conexión ao transporte ferroviario
  • novo tecido industrial
  • racionalización do mercado, co incremento da oferta de solo industrial

    Potenciación dos valores do contorno rural do municipio

  • diríxese á implantación de novas construcións vinculándoas aos núcleos existentes, que se reforzan e potencian
  • mantemento tipolóxico dos valores arquitectónicos tradicionais
  • crea unha estrutura interna nos núcleos, potenciando os espazos dotacionais, os servizos e a accesibidade
  • promove as relacións funcionais entre os núcleos máis próximos e coa propia cidade

    Solo industrial e actividades económicas

    Aposta por reforzar as estruturas industriais existentes, xunto cos novos espazos industriais, que dan resposta ás demandas directas do municipio, potenciando a súa posición de referencia

    Remate norte da cidade e contorno do Ceao

  • Asúmense:
    - polígono de O Ceao e a súa ampliación (Pol. IN-F)
    - o urbanizable delimitado IN-G 2
    - polígono industrial das Gándaras
  • O Plan consolida os enclaves da Avenida da Coruña
  • Prevé un uso industrial, delimitando seis sectores de solo a través de Duquesa de Lugo e Avenida da Coruña

    Enclaves dispersos

  • Son ubicacións no territorio que aglutinan certo número de industrias e almacéns e que se remiten a planeamento de desenvolvemento
  • Supoñen en total 1.156.726 m. xerando 22.206 m. de equipamentos e 111.091 m. de espazos libres

    *Muxa, Mazoi, Areeiras, Coeses-Cuíña, Pena, Louzaneta, Alto

    Universidade
    A aposta do Plan (e da cidade) pola Universidade é clara:

  • reforzando as dotacións do Campus
  • prevendo o seu crecemento prolongándose hacia os terreos vacantes que rodean o núcleo rural de San Fiz, cunha superficie de 58.322 m.

    O Plan en cifras

  • SOLO RESIDENCIAL: 11.636.352 m2
  • SOLO INDUSTRIAL/ ACTIVIDADES: 6.875.775 m2
  • EQUIPAMENTOS: 15,61 m2  / m2 residenciais
  • SISTEMAS XERAIS DE ESPAZOS LIBRES: 18,89 m2 /m2 residenciais
  • VIVENDAS DE PROTECCIÓN:40,14%