O Centro Uxío Novoneyra acolle unha mostra fotográfica sobre a celebración da Noite Aberta

Viernes, 25 de febrero de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela asistiron onte á inauguración da exposición Noite Aberta que organiza a Asociación de Autónomas de Lugo, en colaboración co Concello de Lugo. Alí estiveron, entre outros, a Presidenta da Asociación de Autónomas, Empresarias e Profesionais da Provincia de Lugo e unha das promotoras da iniciativa, Nora Real, a Directora da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, Esther Muñoz, así como algúns dos alumnos e alumnas que realizaron as fotografías que forman parte da exposición.

A mostra recolle unha serie de fotografías tomadas polos alumnos e alumnas da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón durante a celebración da Noite Aberta, que se levou a cabo o pasado día 10 de decembro de 2010. Durante a Noite Aberta a cidade viviu nos propios comercios e rúas actuacións e obradoiros que habitualmente se celebran na Casa da Música, dentro do programa Movida Alternativa Xuvenil e actividades doutros departamentos municipais como bailes de tango ou danza do ventre.

A mostra fotográfica permanecerá no Centro Uxío Novoneyra ata o venres 11 de marzo.

Multimedia