O Concello de Lugo abre o prazo de inscrición para as prazas dispoñibles nas Ociotecas durante a Semana Santa

Jueves, 11 de marzo de 2010
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade que dirixe Carmen Basadre, abrirá os vindeiros días 15, 16 e 17 de marzo un prazo extraordinario de inscrición para as prazas dispoñibles nas ociotecas do Concello durante a Semana Santa.

Os pais e nais interesados en inscribir aos seus fillos nas ociotecas do Centro de Convivencia da Milagrosa, Uxío Novoneyra ou Maruja Mallo poderán realizalo entre as 9.00 horas e as 14.00 horas na Casa da Muller ata completar as prazas e por riguroso orde de inscrición.

O obxectivo do Concello é facilitar a conciliación da vida familiar e laboral os días das vacacións escolares e que coinciden con días laborais dos pais durante a Semana Santa: as mañás dos días 29, 30 e 31 de marzo e o 5 de abril.